A CHMS conmemora o día da Educacion Ambiental cos escolares do CEIP Seixalvo de Ourense

  • Un dos 6 centros escolares da demarcación do Miño-Sil que participan este ano no proxecto "Gústame O meu Río"
  • O presidente agradeceu a implicación do alumnado e dos profesores facéndolles entrega dunha placa como recoñecemento pola súa activa participación neste proxecto que ten como obxectivo fomentar o coidado e respecto pola auga e a súa importancia para a vida
  • Pola súa banda, os alumnos de 5º e 6º (52 alumnos/as) presentaron un traballo de investigación no que explicaron aos asistentes a súa visión de como coidar o medio ambiente e, máis especificamente, sobre aforro de AUGA, reciclaxe, redución das emisións de carbono etc.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, MITECO, pon en valor a educación ambiental como proceso educativo que busca crear conciencia e promover coñecementos, habilidades, actitudes e valores necesarios para o coidado do medio ambiente.

Hoxe 52 escolares CEIP Seixalvo de Ourense, acompañados de varios profesores/as, recibiron a visita do presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, quen lles agradeceu a súa implicación no proxecto "Gústame o meu río", que xa vai pola oitava edición. como recoñecemento fíxolles entrega dunha placa pola súa activa participación neste proxecto que ten como obxectivo fomentar o coidado e respecto pola auga e a súa importancia para a vida

A CHMS organizou un taller "especial" para conmemorar o Dia Mundial da Educación Ambiental que se celebra cada 26 de xaneiro.

Na primeira parte do taller, os alumnos de 5º e 6º (52 alumnos/as) presentaron un traballo de investigación no que explicaron aos asistentes a súa visión de como coidar o medio ambiente e, máis especificamente, sobre aforro de AUGA, reciclaxe, redución das emisións de carbono etc.

Posteriormente continuaron investigando máis sobre a importancia de aforrar auga desde outros puntos de vista e, para iso, dividíronse os grupos en "científicos/as de campo" e en "científicos/as de laboratorio".

Aos/as científicos/as de campo encomendóuselles a misión de realizar unha ecoauditoría escolar sobre o uso das billas e cisternas do colexio. Armados cos seus lapis e formularios de notas investigaron para pescudar canta auga gástase cada vez que accionan unha billa e canta cando accionan as cisternas, ou se hai perdas en ambos. Os datos obtidos levaron á reflexión do importante que é ter un comportamento coidadoso e responsable destas instalacións.

Pola súa banda, os/as científicos/as de laboratorio, foron descubriron o concepto de Pegada Hídrica e puideron calcular a media da pegada hídrica da aula, sorprendéndose da gran cantidade de auga anual que necesitamos para manter o noso estilo de vida, ao redor duns 700.000 litros anuais.

"Desde a CHMS apostamos pola educación ambiental para conseguir que, desde pequenos, tomemos conciencia de que a auga é necesaria e limitada; e por iso habemos de asumir a responsabilidade individual na conservación e coidado dos ríos, valorando o recurso como factor crave no sustento dos ecosistemas naturais" ha explicado Quiroga.

Baixo o lema "Coñecer para valorar" é o impulso que nos move para fomentar estas actividades educativas que nos axudan a avanzar cara a un desenvolvemento máis sostible, concluíu José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

 

20260126 1

20260126 2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.