A CHMS informa do corte ao tráfico da estrada de coroación do dique do Colado o vindeiro xoves, 12 de febreiro, entre as 10 e as 14,30 horas
Este corte é necesario para facilitar os traballos que executará Endesa para proceder á voadura das 2 chemineas e a nave de tolvas, fase 2, da Central Térmica de Compostilla.
Córtase ao tráfico da estrada que discorre sobre o Dique do Colado, aínda que, permitirase o acceso ao aparcamento da área recreativa do extremo Sur (lado Ponferrada) e ao aparcamento da área recreativa do extremo Norte (lado Cubillos del Sil). O acceso peonil será posible, fóra dun sector na zona central do dique, restrinxido por motivos de seguridade.
É importante destacar que nas inmediacións da zona de traballo habilitarase un dispositivo de desvío de tráfico e dispoñeranse carteis de aviso con planos identificativos para facilitar o transito de vehículos. (Anéxanse a esta nota)

Carteis de aviso


