A CHMS inviste máis de 1,8 mill/€ na mellora do saneamento do municipio ourensán do Barco de Valdeorras

  • As obras proxectadas atópanse ao 47% de execución e estímase a súa finalización para o próximo mes de setembro
  • “É importante destacar que estamos ante unha 1ª fase de actuacións que, concluídas todas as fases, supoñerán un investimento próximo aos 8 mill/€” explicou o presidente

 

José Antonio Quiroga, presidente a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde do Barco de Valdeorras, Aurentino Alonso, visitan as obras de mellora do saneamento que a CHMS está a executar no municipio.

Actuacións en curso

Os traballos proxectados inclúen actuacións en distintas localizacións:

1. Bombeo na Pobra: Para evitar o retorno das augas residuais na rede da Pobra previuse dirixilas cara a un novo pozo de bombeo, e impulsar as súas augas residuais directo ao pozo de chegada da EDAR.

2. Saneamento paralelo ao río Mariñán: Nos tramos de actuación desta zona van substituír 465m de tubaxe de formigón que se atopa en moi mal estado e produce infiltracións de auga limpa cara á rede de saneamento. Tamén se substitúen 364 m. de lonxitude de tubos de PVC, que se atopan en mal estado, xa sexa por xuntas desprazadas, fallos na súa estrutura ou rotura por raíces de árbores

3. Bombeo de pluviais da avda. de Portugal: Na actualidade na Av. de Portugal atopámonos a única rede definida de pluviais do Barco de Valdeorras, pero esta presenta conexións ao saneamento, o cual quérese eliminar quitando os tramos de pluviais que van á rede de saneamento ou as redes de saneamento que se conectan ás pluviais.

Preténdese recoller parte das augas pluviais que van por esta rede nun pozo de bombeo que enviase as augas pluviais ao riu Mariñan, previamente pasando por un arenero ou hidrociclón.

4. Saneamento cara ao bombeo da Rúa España (regacho Forcadela): Esta rede de saneamento está baixo a canle da rega de Forcadela e nas épocas de choiva o bombeo que esta ao final desta rede de saneamento, funcionando as 24 horas do día, co cual necesítase unha reparación de 80 m. de tubaxe en formigón para paliar a entrada de auga limpa.

“As obras proxectadas, cuxa investimento ascende a 1.810.966 €, atópanse ao 47% de execución e estímase a súa finalización para o próximo mes de setembro; por outra banda, é importante destacar que estamos ante unha 1ª fase de actuacións que, concluídas todas as fases, supoñerán un investimento próximo aos 8 mill/€”, explicou o presidente.

260514 VisitaObrassaneamiendoOBarco 1

260514 VisitaObrassaneamiendoOBarco 2

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.